O térmo do Concello de Viana do
Bolo, esta situado no oriente da provincia de Ourense (Galicia -
España) delimitado polos de Manzaneda, O Bolo e A Veiga polo Norte,
A Gudiña e A Mezquita polo Sur, Zamora polo Leste, e Vilariño de
Conso polo Oeste.
A Viana do Bolo, chegase pola Autoestrada A 52 "Rías Baixas" con
saida na Gudiña, e pola estrada OR-533 dende Valdeorras enlace da N
120 de Ponferrada a Monforte.A sua extensión
e de 262 Km2. na cal asentan cincuenta e duas pintorescas aldeas,
cobixando a 4.365 habitantes. As aldeas son: A Bouza, A Hermida, Alto do Covelo, Ardexarse, Bembibre, Caldesiños,
Castiñeira de Sever, Cepedelo, Covelo, Dradelo, Fornelos de Cova,
Fornelos de Filloas, Fradelo, Froxais, Grixoa, Edroso, Houmoso,
Louzaregos, Mosexos, Mourisca, O Castro, Parada das Viñas, Paradela,
Penouta, Pixeiros, Pinza, Ponton, Pradocabalos, Pradorramisquedo,
Punxeiro, Quintela de Droso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais, San
Mamede, San Cibrao, San Martiño, Sto Agostiño, Servainza, Sever,
Soane da Riba, Soane da Baixo, Solveira, Sta Mariña da Ponte, Sta
Mariña de Froxais, Tabazoa de Droso, Tabazoa de Oumoso, Viana do
Bolo, Vilar de Goia, Vilardemilo, Vilarmeao, Vilaseco da serra.
LUGARES DE INTERES
A
torre do castelo onde se instalou un museo etnográfico e sala de
exposicións de pintura. O casco antigo que rodea a fortaleza con
innumerabels casas cos seus escudos heráldicos. O complexo da Praza maior
ca sua histórica e artistica fonte (Pilón), casas blasonadas, escudos e
sopartais. Irexa parroquial. Capela da Soidade como monumento histórico, e
antigo cemiterio. A poucos Kilómetros encontrase o famoso Santuario
Barroco das Hermidas e os laboriosos viñedos.
Os cañons do Bibei en Oumoso e Vilaseco, os do Camba en Fornelos de
Filloas. Os picos paisaxisticos e inolvidabels de San Bernabé, Servainza,
O Testeiro e Pradorramisquedo. E importante visitar os Pazos de Fradelo,
Grixoa e Oumoso. As irexas do Pai Eterno, San Cibrao, Tabazoa.
E curioso darlles unha ollada en Bembibre os manantiais de augas
sulfurosas, que, en outros tempos foron coñecidas po los seus poderes
curativos, en toda Galicia e Castela. Son innumerabels os restos da
arquitectura popular existente, como pontes, muiños, pombales, fornos de
cerámica e pan, apeiros de labranza e do cultivo, elaboración do liño.
Cruceiros, fontes e lápidas funerarias. Merece a pena visitar, con guía, as
antigas minas romanas, os canais, galerías túneles e poboados da Bouza,
Castro, Mourisca, Fradelo.. E as mais importantes son as Méduas de
Caldesiños e os restos da antiga civita Romana de Pintia no alto de San
Cibrao. Cun gran número de castros e outros vestixios que nos deixaron os
antigos poboadores destas terras de Viana.