Manuel Curros Enríquez, naceu en Celanova,( Ourense), no ano1851. 0 seu pai, escribán de profesión e de ideoloxía autoritaria, fixo que Curros farto de sufrir as súas palizas, abandonara o fogar ós quince anos. Da súa infancia tan só levará un cariñoso recordo da súa nai e a idea de defende-la liberdade e opoñerse ó autoritarismo. 
Tras unha breve estancia en Ourense na casa duns familiares, trasladouse a Madrid onde rematou o bacharelato e comenzou os estudios de dereito. 
Exerceu como correspondente de guerra, no País Vasco, para a prensa madrileña na última guerra carlista. Ferido e reposto, regresou a Madrid; dende alí participou nun concurso literario no ano 1877 celebrado en Ourense, e o cal Curros gañou, presentando a dito certame as seguintes obras:"
Unha voda en Einibó ";" O gueiteiro "e "A Virxe do Cristal ". 
Posteriormente, no ano 1880 publica a obra Aires da miña terra, o contido dalgúns poemas deste libro, molestou a sectores clericais o que supuxo a excomuñón de Curros, ademais diso, Curros foi sancionado cunha multa de 250 pesetas e con dous anos de cadea. Anos despois publica a obra
O divino sainete
, na cal fai unha crítica a diversos sectores da sociedade. 
No ano 1894 marchou a Cuba, ó parecer por problemas como xornalista e familiares, e foi neste pais onde tomou partido a favor da independencia cubana. Curros voltou a facer unha viaxe a Galicia, sen embargo, voltou á Habana, onde morreu no ano 1908.