Houbo un tempo no que as empinadas rúas do barrio do Poleiro, as mesmas que hoxe patexan sen rumo grupos de turistas, retumbaron baixo o xordo martelo dos cascos de centos de cabalos. Houbo un tempo no que os nobres galegos e paladíns casteláns disputáronse esta praza para pasear por ela as súas coirazas brunidas e os seus estandartes multicores. Foi entón cando Viana forxou toda a súa grandura, cando mereceu ser nomeada vila e cando encabezou a comarca do País do Bibei. Viana empeñouse en amontoar nun palmo de terra, lambido polo Bibei, unha amplía mostra do que a man do home é capaz de labrar cando se pon ao servicio do seu inxenio, da súa sensibilidade. Blasóns xa erosionados acompañan o camiñante ao longo do labirinto das vellas rúas que nos levan ata o castelo. Algunhas portiñas agochan vizosos patios nos que reina a quietude. Seguindo o curso das ruelas, o visitante logo se estrela contra o torreón, a vella igrexa ou cemiterio da Soedade. Entre os restos arqueolóxicos que a sitúan na historia, salientar unha prancha de bronce labrada, descuberta en 1728 dende hoxe érgase a vila de Viana, que atestigua a existencia dun pequeno castro, seguramente o primeiro núcleo de poboación, segundo a opinión de Otero Pedrayo. Na Idade Media construíuse un castelo, o rededor do que vai a xirar a vida de Viana. Fernando II encontrou a fortaleza destruída e reedificouna en 1180, repoboando a vila. O castelo e as terras circundantes, que gozaban de foros e goberno propio, pertenceron a Fernando de de Castro, da casa de Lemos, logo a Pedro Henríquez, por unha doazón de Henrique II de Trastámara, quen a exime de tributos. Con posteridade, Filipe II a erixe na cabeza do marquesado a favor de Pedro Pimentel, fillo do conde de Benavente. Estes continuos trocos de dono orixinan unha serie de enfrontamentos e a destrucción continuada da fortaleza, que terá que ser novamente reconstruída no século XV.
Na actual fonte da praza da vila -O Pilón- e un monumento conmemorativo da execución dos dirixentes dun alzamento liberal, no 1830.
A igrexa parroquial, reformada a finais do século XIX, conserva restos románicos nas fiestras de dobre arco de ferradura de influencia mozárabe.