Equilibrio entre monte baixo e superficie arboreada, con fermosos lameiros salpicando os pequenos vales. Abondosos soutos de castiñeiros centenarios, carballos, coníferas, bidueiros e amieiros. O clima templado chuvioso pinta de verdor intenso os vales e montañas, entre as que descorren dous grandes afluentes do Sil e do Miño, o Bibei e o Camba con unha gran ramificación de afluentes troiteiros, que enmarcan paraxes de incompárabel beleza paisaxística. A súa altitude media e de 1.229m o que ocasiona unha producción agrícola fértil nos abrigados vales e unha prolifera producción gandeira e forestal nas redondeadas montañas. Entre a moi variada fauna encóntranse: o raposo, corzo, a londra, a marta, lobo ibérico, o xabalín, a xineta, o esquío, aguia real, noitarega, a cegoña o mariño peixeiro, o pito verdial, os oureolos...
A producción agrícola e de abondo para o autoconsumo. Expórtase a superproducción gandeira, madeiras e castañas. Colocándose a cabeza das bisbarras galegas, nestes productos.
Existe un gran complexo deportivo de extraordinaria beleza nas instalacións das Piscinas Municipais, Restaurante, cafetería, pistas de tenis, campo de tiro ao prato, piragüismo, natación e pesca deportiva. Praia fluvial, camping, sendeirismo a pé e a cabalo, con Hostal Residencia nas (Augas Mansas) As Telleiras.
Refuxios de cazadores e pesqueiros nos ríos Bibei e Camba e nos montes de Bembibre, Pixeiros e Cepedelo.
TELEFONOS DE INTERES
CENTRO DE SAUDE
988 329 390
PARADA DE TAXIS
988 329 158
CENTRO SOCIAL
988 329 186
CAMPING RESTAURANTE "AUGAS MANSAS"
988 340 268
URXENCIAS XERAIS
112
HOTEL RESTAURANTE "A NOSA CASA"
988 329 317
URXENCIAS
061
XULGADOS
988 340 002
GARDA CIVIL
988 340 004
HOTEL "O RETORNO"
988 340 415
CONCELLO
988 340 120
CASA RURAL "MIRADOR DA RIBEIRA"
988 329 309
POLIDEPORTIVO
988 340 296
HOTEL RURAL "VILA DE VIANA"
988 329 205
OFICINA DE EMPREGO
988 329 239
HOTEL RURAL "HACIENDA AIRABELLA"
659524133
Correo electrónico do Concello: concello.vianadobolo@eidolocal.es