O térmo do Concello de Viana do Bolo, esta situado no oriente da provincia de Ourense (Galicia - España) delimitado polos de Manzaneda, O Bolo e A Veiga polo Norte, A Gudiña e A Mezquita polo Sur, Zamora polo Leste, e Vilariño de Conso polo Oeste.
A Viana do Bolo, chegase pola Autoestrada A 52 "Rías Baixas" con saida na Gudiña, e pola estrada OR-533 dende Valdeorras enlace da N120 de Ponferrada a Monforte. A sua extensión e de 262 Km2. na cal asentan cincuenta e duas pintorescas aldeas, cobixando a 4.365 habitantes.
As aldeas son: A Bouza, A Hermida, Alto do Covelo, Ardexarse, Bembibre, Caldesiños, Castiñeira de Sever, Cepedelo, Covelo, Dradelo, Fornelos de Cova, Fornelos de Filloas, Fradelo, Froxais, Grixoa, Edroso, Houmoso, Louzaregos, Mosexos, Mourisca, O Castro, Parada das Viñas, Paradela, Penouta, Pixeiros, Pinza, Ponton, Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela de Droso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais,     
          
San Mamede, San Cibrao, San Martiño, Sto Agostiño, Servainza, Sever, Soane da Riba, Soane da Baixo, Solveira, Sta Mariña da Ponte, Sta Mariña de Froxais, Tabazoa de Droso, Tabazoa de Oumoso, Viana do Bolo, Vilar de Goia, Vilardemilo, Vilarmeao, Vilaseco da serra.
A torre do castelo onde se instalou un museo etnográfico e sala de exposicións de pintura.     O casco antigo que rodea a fortaleza con innumerabels casas cos seus escudos heráldicos.  O complexo da Praza maior ca sua histórica e artistica fonte (Pilón), casas blasonadas, escudos e sopartais. Irexa parroquial. Capela da Soidade como monumento histórico, e antigo cemiterio.  A poucos Kilómetros encontrase o famoso Santuario Barroco das Hermidas e os laboriosos viñedos.
Os cañons do Bibei en Oumoso e Vilaseco,  os do Camba en Fornelos de Filloas. Os picos paisaxisticos e inolvidabels de San Bernabé, Servainza,  O Testeiro e Pradorramisquedo. E importante visitar os Pazos de Fradelo, Grixoa e Oumoso. As irexas do Pai Eterno, San Cibrao, Tabazoa.
E curioso darlles unha ollada en Bembibre os manantiais de augas sulfurosas, que, en outros tempos foron coñecidas po los seus poderes curativos, en toda Galicia e Castela. Son innumerabels os restos da arquitectura popular existente, como pontes, muiños, pombales, fornos de cerámica e pan, apeiros de labranza e do cultivo, elaboración do liño. Cruceiros, fontes e lápidas funerarias. Merece a pena visitar, con guía, as antigas minas romanas, os canais, galerías túneles e poboados da Bouza, Castro, Mourisca, Fradelo.. E as mais importantes son as Méduas de Caldesiños e os restos da antiga civita Romana de Pintia no alto de San Cibrao. Cun gran número de castros e outros vestixios que nos deixaron os antigos poboadores destas terras de Viana.
LUGARES DE INTERES
© Josbo  2003-2009
Sigue

Mapa comarcal