Os festexos do Entroido comenzan o XOVES DE COMPADRES. Este é o dia da (Festa para os homes). As mulleres fan un moneco féito de pallas e roupas roubadas os homes, e colgano na praza. A estrela destes dias e a fariña, hoxe tocalle os homes correr detras das mulleres tratando de untarlles a cara con ela.
O seguinte xoves é o de comadres (Festa para as mulleres). Son os homes quenes fan a comadre ou "Lardeira", seguindo as mesmas pautas que no xoves de compadres. Esta vez tocalle as mulleres votala fariña os homes.
A figura mais chamativa de todas e o Boteiro. A sua misión e manter alonxados os espectadores, con grandes brincos sobre a sua MONCA (Vara que levan nas mans). Seu traxe esta composto de varias partes:
A CAMISA (feita de centos de metros de cinta de cores). AS LEGUES (Polainas de coiro que levan nas pernas). ESQUILAS (Cinto de coiro, no que se amarran varias campás usadas polo gando) e por suposto a MASCARA (Careta de madeira, cun soporte de arame, no que se lle pegan miles de papeis de cores).
Sin esquecer que todo está confecionado artesanalmente, pola pouca xente que ainda sabe facelo.
O elemento chave do noso Entroido eo Fulion. Este é unha comitiva formada por BOMBOS (Na sua maioría Artesanais) Aixadas e Gadañas, que seguindo o mesmo son van percorrendo as ruas da Vila. Decir que cada aldea ten o seu folión, todos eles teñen un son diferente, e cada cual mais fermoso.
A COR NEGRA DA CARETA VIANESA
No conxunto de elementos que compoñen a vestimenta do boteiro a máscara ou careta, é relevante de todo o proceso representativo carnavalesco do Entroido.
A sua orixe xa aparece en algunhas pinturas rupestres, cando o home cazaba mellor os animais selvaxes para o seu sustento. Mais tarde os egipcios, babilónicos, etruscos e outros utilizarona cos mesmos fins. Posteriormente os griegos e romanos incorporarona ao teatro coa intención de ocultar a personalidade do actor e poder asi criticar libremente ás poderosas e gobernantes da sua época. Nas celebracións dos catro solsticios, como nas Dionisias e Lupercales, se enmascaraban para desfrutar da liberdade, que durante eses dias se lle concedia aos escravos. A mascara expresa un sentimento compartido co enmascarado criando unha doble personalidade que lle fai ser "o outro" que lle gostase ser nun determinado momento, até que ao fin, ao desenmascararse volta a ser o mesmo.