|
Os festexos do
Entroido comenzan o XOVES DE COMPADRES. Este é o dia da (Festa para os
homes). As mulleres fan un moneco féito de pallas e roupas roubadas os
homes, e colgano na praza. A estrela destes dias e a fariña, hoxe
tocalle os homes correr detras das mulleres tratando de untarlles a
cara con ela.
O seguinte xoves é o de comadres (Festa para as mulleres). Son os
homes quenes fan a comadre ou "Lardeira", seguindo as mesmas pautas
que no xoves de compadres. Esta vez tocalle as mulleres votala fariña
os homes.
A figura mais
chamativa de todas e o Boteiro. A sua misión e manter alonxados os
espectadores,
con grandes brincos sobre a sua MONCA (Vara que levan nas mans). Seu
traxe esta composto de varias partes:
A CAMISA (feita de centos de metros de cinta de cores). AS LEGUES
(Polainas de coiro que levan nas pernas). ESQUILAS (Cinto de coiro, no
que se amarran varias campás usadas polo gando) e por suposto a
MASCARA (Careta de madeira, cun soporte de arame, no que se lle pegan
miles de papeis de cores).
Sin esquecer que todo está confecionado artesanalmente, pola pouca
xente que ainda sabe facelo.
O elemento
chave do noso Entroido eo Fulion. Este é unha comitiva formada por
BOMBOS (Na sua maioría Artesanais) Aixadas e Gadañas, que seguindo o
mesmo son van percorrendo as ruas da Vila. Decir que cada aldea ten o
seu folión, todos eles teñen un son diferente, e cada cual mais
fermoso.
A COR NEGRA DA
CARETA VIANESA
No
conxunto de elementos que compoñen a vestimenta do boteiro a máscara
ou careta, é relevante de todo o proceso representativo carnavalesco
do Entroido.
A sua orixe xa aparece en algunhas pinturas rupestres, cando o home
cazaba mellor os animais selvaxes para o seu sustento. Mais tarde os
egipcios, babilónicos, etruscos e outros utilizarona cos mesmos fins.
Posteriormente os griegos e romanos incorporarona ao teatro coa
intención de ocultar a personalidade do actor e poder asi criticar
libremente ás poderosas e gobernantes da sua época. Nas celebracións
dos catro solsticios, como nas Dionisias e Lupercales, se
enmascaraban para desfrutar da liberdade, que durante eses dias se
lle concedia aos escravos.
A mascara expresa un sentimento compartido co enmascarado criando
unha doble personalidade que lle fai ser "o outro" que lle gostase
ser nun determinado momento, até que ao fin, ao desenmascararse
volta a ser o mesmo.
O enmascarado se sente transformado, e á vez, inspirado para
improvisar, imitar e criticar mostrando o seu próprio e peculiar
realismo persoal con valentia, soltura e desparpajo tan próprio
destes dias de "Entroido" tanto nos seus discursos, versos,
disputas, acenos, danzas, correrias e intimidantes rouquidos.
As caretas ou carátulas son de diversas formas e cores, segundo a
rexión ou bisbarra.
As primeiras eran de pel de animais; despois confeizoaronse con
cartón reforzado con masa de fariña; a mais representativa en Viana,
é a de madeira con destacados ollos, pronunciadas cellas, grandes
bigotes e sarcásticos dentes mordendo lagartos, sapos, salamandras,
na fronte dous cornos e toda a face en cor negra co fin de
impresionar e intimidar aos espectadores.
Encanto á cor negra da mázcara do boteiro de Viana do Bolo, uns
opinan que é pola influéncia dos costumes árabes tan notórios nesta
zona, outros que se o boteiro se fai mais intimidante e autoritario,
pero os mais, entre os que me atopo, é pola oposición do cristiismo,
que consideraba as festas de entroido como diabólicas, e ao seu
autor "o diaño", sempre o apresentaron de negro, con rabo, tridente
e a sua negra cara remataba con grandes cornos co fin de o
ridiculizar comendo sapos, serpentes, lagartos e outros animais que
consideraban horripilantes.
En calquera caso, nen a dureza da madeira, nen a impresionante e
peculiar cor negra da máscara do boteiro de Viana nos van minguar a
algarabía do folión, nen a turbulenta "fariñada", ou a exuberante
androllada que saborosamente desgustaremos nós e cantos veñan a
Viana.
Juan Antonio Pinza García
|