

|
Manuel Carracedo. Un vianes de adopción. Nado en Oviedo (Asturias) o 16 de abril do 1028. Finado en Valencia no ano 2009. Tiña tan só 3 anos cando a sua nai decidiu vir vivir para Viana. A sua paixón artística foi sen lugar a duvidas a escultura en madeira, sempre con madeiras autóctonas da sua Galicia querida. O seu oficio, carpinteiro. No ano 1957 decide emigrar a Francia, a sua estancia no pais veciño só durou 6 meses. Foi no ano 1962 cando decide voltar de novo a Francia, esta vez foron 31 anos que alá compaxinou traballo e excultura, non sen o sacrificio de lles roubar parte do tempo libre a sua querida familia. Conta con varias exposicións importantes algunhas delas no museu Gran Palais de Paris, no ano 1982, xunto a artistas da talla de Dalí, Picasso, Joan Gris, Tapies... (Levando por título: El arte español en la emigración europea). Outra grande exposición que el lembraba con moito agarimo, é en Marsella en Maison de L'etrangery, o 8 de abril do 1986. |