Fradelo celebrá o Sábado de Entroido a súa decima edición da Festa do Xato.
O Entroido en Fradelo (Viana do Bolo) é unha festa que renova cada ano o ritual do folión, pero que está ademais asociada a un evento gastronómico propio: a Festa do Xato. Este ano esta iniciativa, que ensalza a carne de tenreira, cumprirá dez anos mantendo o espíritu promocional e festivo co que nacia unha data fatídica para a gandería de vacún, actividade á que se adican a meirande parte dos veciños deste pobo. Daquela o sector gandeiro pasaba por momentos críticos debido á crise das vacas yolas e, para reivindicar a calidade da tenreira criada en Fradelo, os veciños puxeron en marcha con grande éxito a Festa do Xato. A data e fixa, cada Sábado de Entroido, desta volta o 13 de febreiro. E o menú, tamén: empanadas, filetes, ensalada e a exquisita carne de tenreira asada no antigo forno comunal de Fradelo. O esceario da festa será de novo o Teleclub, onde as bromas, a música e mesmo algún baile nunca faltan, ademais de postres e licores. Tras o xantar a festa continuará con saída do folión, que o Domingo Gordo desfilará en Viana do Bolo.