|
Un ano mais os
viciños de Fradelo e os seus convidados se reúnen para celebrar o
que xa é habitual por estas datas, unha edición mais da “Festa dó
Xato” e xa vai pola edición número seis. Como todos os anos
anteriores, se sacrificou o xato e o sábado dia 18 celebrou-se a
tradicional callada e outras moitas viandas elaboradas no pobo. O
comezo son os callos. Entón o envide maior celebra-se o sábado dia
25 vísperas do Domingo Gordo ou
Domingo de Entroido. Mentres as
cociñeiras e cociñeiros preparan as viandas, os demáis viciños dan
unha volta á aldea co fulión, que ao acabar este e cando o
presidente dos festexos da orde, e toda a cometiva saciara e
degustará as ricas receitas elaboradas a basee de xato. O menú para
este ano, será: entremeses variados, empanada, xato asado,
filetes, costilletas, roscón ou bica, licores e viños do país, tamén
haberá a tradicional queimada.
Todo isto como xa é habitual, se celebra a vispeira do
Domingo de Entroido pero, desde que se comen os callos até que se
acaba o último anaco do xato, todos os fins de semana se reúnen
para degustar o susodito xato.
Por que se celebra a vispera do dia grande do entroido?... Pois para
apañar forzas, dar-lle ao bombo até cair esgotados e celebrá-lo a
tope.
A
desfrutar do Entroido un ano mais.

|