|
|
|
|

|
Manuel Curros Enríquez, naceu en Celanova,( Ourense), no ano1851. 0 seu pai,
escribán de profesión e de ideoloxía autoritaria, fixo que Curros farto de sufrir as súas
palizas, abandonara o fogar ós quince anos. Da súa infancia tan só levará un cariñoso
recordo da súa nai e a idea de defende-la liberdade e opoñerse ó autoritarismo.
Tras unha breve estancia en Ourense na casa duns familiares, trasladouse a Madrid
onde rematou o bacharelato e comenzou os estudios de dereito.
Exerceu como correspondente de guerra, no País Vasco, para a prensa madrileña na
última guerra carlista. Ferido e reposto, regresou a Madrid; dende alí participou nun
concurso literario no ano 1877 celebrado en Ourense, e o cal Curros gañou,
presentando a dito certame as seguintes obras:" Unha voda en Einibó ";" O gueiteiro "e
"A Virxe do Cristal ".
Posteriormente, no ano 1880 publica a obra Aires da miña terra, o contido dalgúns
poemas deste libro, molestou a sectores clericais o que supuxo a excomuñón de
Curros, ademais diso, Curros foi sancionado cunha multa de 250 pesetas e con dous
anos de cadea. Anos despois publica a obra O divino sainete, na cal fai unha crítica a
diversos sectores da sociedade.
No ano 1894 marchou a Cuba, ó parecer por problemas como xornalista e familiares, e
foi neste pais onde tomou partido a favor da independencia cubana. Curros voltou a
facer unha viaxe a Galicia, sen embargo, voltou á Habana, onde morreu no ano 1908.
|
|
|

